The Casualties | |
---|---|
Orixe | Nova York, |
Período | 1990 - presente |
Xénero(s) | hardcore punk, street punk, crossover thrash |
Selo(s) discográfico(s) | Season of Mist, SideOneDummy |
Membros | Jorge Herrera Rick Lopez Jake Kolatis Marc "Meggers" Eggers |
Artistas relacionados | The Krays, The Manix, Starving Wolves, Krum Bums |
Na rede | |
http://www.thecasualties.net | |
The Casualties é unha banda estadounidense de hardcore punk procedente da cidade de Nova York e formada no ano 1990. Foi fundada polos vocalistas Jorge Herrera e Colin Wolf, o guitarrista Hank (o seu apelido descoñécese), o baixista Mark Yoshitomi e o batería Yureesh Hooker. Jorge Herrera é o único membro que continua da formación orixinal. Durante os primeiros anos do grupo os seus compoñentes cambiaron continuamente.